top of page

O Galo de Mos do Castelo de Alcobre, criase dende o seu nacemento na propia explotación, encargandose da incubación, da reproducción e coidado dos pitos dende o seu nacemento ata pasados 8 meses cando é sacrificado.

O Galo de Mos Pasa por diferentes fases dende o seu nacemento:

 

Primeira Fase:21 dias na gaiola de primeira idade, cunha placa electrica calefactora con termostato, a 36 grados centigrados a primeira semana, a 34 a segunda e a 32 a terceira semana. Nesta etapa compre destacar o seguinte:

-Uso de un penso de arranque con alto elevado proteico(nunca mais de 21 dias ).

-Disolución de 1ml/litro de agua de Probioticos os 3 primeiros dias ( A primeira auga que tomen o poliño será auga tibia con azucar e probioticos)

-3 veces por semana se lle da Kefir, ou Yogur natural, para favorecer o desarrollo da sua flora intestinal (evitar futuras diarreas).

 

Segunda Fase: 21 dias na gaiola de segunda idade, que estara calefactada en caso de a temperatura da sala sexa inferior a 25 grados( neste caso reducirase paulatinamente a temperatura). Os polos alimetanse con penso de crecemento.

 

Terceira Fase: Os polos pasan a un dos 8 cortellos existentes (onde se aclimatan a temperatura exterior, durante 1 ou 2 semanas dependendo do tempo ( Non se deben soltar en caso de dias de choiva ou Frio), usandose como cama serrin. Nesta fase añadeselle na alimentación herba, berzas, cebola picada, allo....

 

Cuarta Fase: Os polos pasan o exterior con 2 ou 3 meses ( dependendo da epoca do ano) nos 10 galiñeiros existentes facendo sempre desinfeccion dos galiñeiros e rotación (tanto os galiñeiros como os cortellos) para respetar un minimo de 15 días de valeiro sanitario ( este apartado dentro do posible e clave).

 

Quinta Fase: Os polos con 4-5 meses trasladanse o monte do Castelo de Alcobre onde permanecen durante 3- 4 meses ata o seu sacrificio

bottom of page